Con Swype, ten a capacidade de cambiar de xeito imperceptible entre catro modos de entrada diferentes - Swype, Falar, Escribir ou Pulsar.
-
Swype
Swype é unha forma rápida de escribir. Permítelle introducir unha palabra debuxando as letras. Coloque o seu dedo na primeira letra da palabra e debuxe un trazo de letra a letra, levantándoo trala última. Swype inserirá espazos onde sexa necesario.
Saber máis-
A Tecla Swype
A tecla Swype é a tecla co logo de Swype nela. Manteña premida a tecla Swype para acceder aos axustes de Swype.
A tecla Swype tamén se emprega para iniciar moitos dos xestos de Swype.
-
Xestos de Swype
Os xestos de Swype son atallos de teclado para realizar máis rapidamente tarefas habituais. Esta característica non está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
- Ir ao teclado de edición Para ir ao teclado de edición, faga Swype desde
ata a tecla Símbolos (?123) do teclado.
- Ir ao teclado numérico Para ir rapidamente ao teclado numérico, faga Swype desde
ata o número 5.
- Oculta-lo teclado Para oculta-lo teclado de xeito doado, faga Swype desde a tecla Swype ata a tecla Atrás.
- Desactivar espazado automático Suprima o espazado automático antes da seguinte palabra facendo Swype desde a tecla espazo ata a tecla Atrás.
- Editar maiúsculas e minúsculas nunha palabra Cambie o caso dunha palabra despois de introducila pulsando sobre ela e despois faga Swype desde
ata a tecla Shift
. Amosarase unha lista de elección de palabras con opcións de maiúsculas que lle permite elixir entre minúsculas, Maiúscula Inicial ou TODO MAIÚSCULAS.
- Puntuación Un xeito sinxelo de introducir puntuación é facer Swype desde a interrogación, coma, punto ou outro signo de puntuación ata a tecla espazo en lugar de pulsala.
- Seleccionar todo, Cortar, Copiar e Pegar
Seleccionar todo: Faga Swype desde
ata o "a"
Cortar: Faga Swype desdeata o "x"
Copiar: Faga Swype desdeata o "c"
Pegar: Faga Swype desdeata o "v"
- Atallos de aplicaciónsGoogle Maps: Faga Swype desde
ata o "g", logo "m"
- BuscarMarque algún texto e faga Swype desde
ata "S" para facer unha busca rápida na web.
- Cambiando á última linguaxe utilizada.Cando se están a usar varias linguaxes, unha forma rápida de voltar á linguaxe utilizada previamente é facer Swype dende
ata a barra espaciadora.
- Ir ao teclado de edición Para ir ao teclado de edición, faga Swype desde
-
Escribir letras dobres
Para mellorar a precisión ao introducir letras dobres, esborranche lixeiramente ou faga un bucle na letra. Por exemplo, para escribir a "rr" de "corro" esborranche sobre a tecla "r". Esta característica non está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
-
Selección dunha palabra
Para aceptar a palabra suxerida por defecto da lista de elección de palabras, simplemente siga facendo Swype. Pola contra, desprácese pola lista arrastrando o seu dedo e seleccione a palabra que quere. Esta característica non está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
Para seleccionar texto dunha lista, mova o seu dedo cun movemento circular para escoitar os elementos da lista. No sentido das aguxas do reloxo móvese adiante pola lista; no sentido contrario móvese cara atrás pola lista. Levantar o dedo activa o último elemento da lista que se pronunciou. Para seleccionar unha palabra na Lista de Elección de Palabra, deslice o dedo dende o teclado ata que se escoite a primeira palabra na lista, entón comece o movemento circular. Este recurso só está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
-
Palabra con maiúscula
Esta característica non está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
Poña a primeira letra dunha palabra en maiúscula deslizando o seu dedo desde a primeira letra ata máis alá do bordo superior do teclado e, sen levantalo, volver á seguinte letra da palabra.
Cambie o caso dunha palabra despois de introducila pulsando sobre ela e despois faga Swype desde
ata a tecla Shift
. Amosarase unha lista de elección de palabras con opcións de maiúsculas que lle permite elixir entre minúsculas, Maiúscula Inicial ou TODO MAIÚSCULAS.
Para ir ao modo BLOQ. MAIÚS., faga un toque dobre na tecla Shift
.
-
Espazado automático
Swype insire automaticamente un espazo entre palabras cando vostede fai Swype na seguinte palabra da frase. Pode desactivar a característica de espazado automático nos axustes de Swype.
Pódese desactivar o espazado automático nunha palabra facendo Swype desde a tecla espazo ata a tecla Atrás.
Esta característica non está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
-
Substitución dunha palabra
Cambie unha palabra pulsando sobre ela e despois seleccione a palabra que desexe da lista de elección de palabras ou simplemente marque a palabra e faga Swype para unha nova. A nova palabra substituirá á incorrecta.
Unha palabra pode marcarse pulsando nela e na icona
ou con dobre pulsación na palabra.
-
Rebotar entre letras
Ás veces, evitar letras mentres fai Swype garántelle obter a palabra que quere en primeiro lugar.
Por exemplo, "preso" e "peso" pódense debuxar co mesmo trazo - pero observe que non ten que moverse de letra en letra en liña recta. Evitar a ”r” ao deslizar o seu dedo cara á “e” garántelle que a palabra "peso" é a primeira da lista de elección de palabras.
-
Caracteres alternativos
Tocar e manter o dedo nunha tecla fai despregarse unha lista de todos os caracteres dispoñibles para esa tecla, incluíndo letras con acentos como ”é”, ”ñ”, símbolos como @ e % e números.
Pulse a tecla Símbolos (?123) para ir ao teclado de símbolos.
Observe que se pode facer Swype en tódoloscaracteres desde o teclado principal (tanto se os pode ver como se non). Pode facer Swype usando esta vista do teclado, pero só conseguirá palabras que teñan polo menos un símbolo ou número.
-
Engadir e eliminar palabras
Facer Swype de xeito intelixente engade novas palabras de uso ao seu dicionario persoal.
Tamén pode engadir unha nova palabra marcándoa e pulsando na icona
. Toque o aviso que aparece para engadir a palabra.
Para eliminar unha palabra, prema e manteña sobre a palabra na lista de elección de palabras e logo pulse Aceptar no diálogo de confirmación. Esta característica non está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
-
Personalización
Swype pode engadir rapidamente unha palabra ao seu dicionario desde Facebook, Twitter, e Gmail. Para personalizar Swype:
- Manteña premido
.
- No menú Axustes de Swype, seleccione As miñas palabras > Personalización.
- Seleccione desde as opcións de personalización e introduza as súas credenciais se lle son solicitadas.
- Pode personalizar Swype desde unha ou tódalas fontes.
- Manteña premido
-
-
Falar
Pode falar para introducir contido de texto, desde mensaxes de texto e correo electrónico ata actualizacións de Facebook e Twitter.
Saber máis-
Puntuación
Non é preciso engadir puntuación manualmente. Só diga a puntuación que desexe e continúe. Tente isto:
- Prema a tecla de voz e comece a falar.
- O que vostede di: A cea estaba deliciosa exclamación
- O que vostede obtén: A cea estaba deliciosa!
-
A entrada de voz non está dispoñible nalgúns teclados
-
-
Escribir
Pode usar o seu dedo para debuxar letras e palabras e Swype as converterá en texto. Pode debuxar letras de esquerda a dereita ou unhas enriba de outras. Pulse ABC / 123 para trocar entre o modo de letra e o de símbolos.
Saber máis-
Activar escritura manual
- Manteña pulsado
e deslice o seu dedo ata a icona de escritura manual.
- Debuxe letras co seu dedo na área de escritura manual.
- Pulse a barra espazadora entre as palabras
- Manteña pulsado
-
Xestos con pulsacións múltiples
Os xestos con pulsacións múltiples permítenlle completar tarefas sinxelas, como poñer en maiúsculas palabras ou letras.
- Debuxe algunhas letras minúsculas no panel de debuxo
- Logo de introducir os caracteres deslice dous dedos cara arriba na área de escritura
- A característica de escritura manual recoñecerá os xestos con pulsacións múltiples e porá as letras en maiúsculas
-
A escritura manual non está dispoñible nalgúns teclados.
Esta característica non está dispoñible cando o servizo de accesibilidade do sistema Explore-by-Touch está activado.
-
-
Pulsar
Xeito tradicional de entrada manual co teclado. A entrada con pulsacións no teclado Swype é máis doado e eficiente por medio dalgunhas características:
Saber máis-
Corrección de escritura descoidada
Non ten que pulsar cada letra perfectamente. Só fágao o mellor que poida e Swype lle proporcionará palabras de xeito intelixente.
-
Completar palabras
Swype pode ademais adiviñar a súa palabra cando teña tecleado só algunhas letras.
-
-
Idiomas
Para cambiar linguaxes desde o teclado: Manteña premida a barra espazadora. Seleccione a súa linguaxe desexada desde o menú emerxente.
-
Swype Connect
Swype Connect permítenos enviar actualizacións e potentes funcionalidades directamente ao seu dispositivo! Como Conexión Swype funciona sobre 3G, sempre recomendamos atopar unha conexión sen fíos.
Saber máis-
Descargar linguaxes
Engadir linguaxes adicionais a Swype é doado:
- Manteña premido
e seleccione Linguaxes.
- Desde o menú de Opcións de Idiomas, seleccione Descargar idiomas.
- Faga clic nunha linguaxe e a descarga comezará automaticamente.
- Manteña premido
-
Swype Connect non está dispoñible en tódolos teclados.
-
-
Máis axuda
Para obter máis axuda sobre o uso de Swype, lea o manual de usuario de Swype e os consellos de Swype en www.swype.com, ou consulte o foro en liña de Swype en forum.swype.com.